martes, 17 de mayo de 2011

O noso día. Dezasete de maio :)

Por medo a que non chegase ocurrir, nunca lle gustou imaxinar o seu seguinte encontro. Sabía que todo o escenario estaría envolto cunha manta negra, unha oscuridade parcial sobre as súas cabezas. Iso era o que nunca ía cambiar, para ben ou para mal, sempre se tiña que facer de noite. Nunca antes e sempre despois. Tamén sabían que non podían estar tan preto o un do outro máis minutos dos que conxugaban unha hora. Iso tamén era imposible. Podían evitarse coa mirada ou fuxir o un do outro a distancia necesaria para non sentirse mutuamente. Pero cruzar as súas miradas ou rozarse coa roupa, significaba poñerlle fin ás ganas contidas nos seus ósos. Aínda que ó final era o que ían facer, pero gustáballes aumentalas e sacialas todas xuntas cando ningún dos dous puidese soportalas máis.
Un antro cheo de xente, no que indo só a música chegaba ós oídos… acompañado, a música era o de menos. O alcol enchería as súas venas e arterias ó límite. Miradas e roces corporais mesturaríanse ó mesmo tempo. Bicos que culminan en pasos cara calquera saída cun final cuberto de sábanas naquelas catro paredes.
Non lle gustaba nada imaxinar se ocorrería un seguinte encontro por medo. Pero sabía que era inevitable o gusto que lle recorría o corpo ó pensar en que podería repetirse. Sorte, azar, destino e un paso firme cara adiante. Desexo.

No hay comentarios: